Caballeros 1

lunes, 18 de mayo de 2015

Doentes

Premios
1997. Premio Rafael Dieste.

Sinopse

Doentes conta a historia de Valeriano e Cañete, dous personaxes que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela da década de 1950, nun momento concreto, cando Francisco Franco decide construír un novo hospital e desmantelar o vello Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo (o actual Hostal dos Reis Católicos) co que poder agasallar, cunhas instalacións deslumbrantes, aos visitantes estranxeiros, concretamente ao presidente Eisenhower, quen visitaría a cidade pouco despois.
A historia narra os avatares dos dous personaxes, que percorren a cidade entre as sete da tarde e as sete da mañá, nunha Compostela trepidante, chea de sorpresas, verdades inconfesábeis, enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Ocorre que a noite é negra, como o futuro, como o corazón dos homes, como o país, e faise moi longa. Así, unha noite de apacible vagabundeo convértese nunha louca carreira pola supervivencia de dos estraños amigados pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan, polo menos, e con todas as súas forzas, por chegar a velo, outra vez, mañá.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume II
2009. Cómic de Brais Rodríguez adaptando la obra. Revista Galega de Teatro

Outras Montaxes

2005. Representación polas rúas de Compostela.
2011. Estrea da longametraxe dirixida por Gustavo Balza e producida por Filmanova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario