Caballeros 1

jueves, 3 de noviembre de 2011

Seguimos ca novela gráfica

O Taller Colectivo de Artes A Travesa inaugura este venres en Santiago "Ciudad Mariano" , unha colección de Collages de Mariano Casas en torno a personaxe de cómic que fora o protagonista de tres volumes en 2008.

A Travesa defínese como un grupo mulitidisciplinar "onde debuxantes, pintores, gravadores, fotógrafos, escultores e escritores, se xuntan nun taller colectivo de arte, coa única intención de acercar ó público as súas inquedanzas e creacións". Unha das premisas do colectivo e rexeitar calquera tipo de subvención pública.

Creado en setembro deste ano, no taller colaboran varias ducias de artistas de Compostela e da comarca que "creen firmemente no contaco directo entre o artista e o público" e na "independencia real da cultural".. Velaquí a reportaxe de Tingalaranga sobre outro dos promotores da iniciativa, o pintor Deli Sánchez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario