Caballeros 1

viernes, 4 de febrero de 2011

En torno ao teatro de Rubén Ruibal

Un dos referentes literarios do teatro de Rubén Ruibal é Bernard-Marie Koltès, autor dos esquecidos, dos anónimos, dos solitarios, dos asasinos,a quen da a palabra para que nos expoñan a súa crúa e profunda realidade, as súas ilusións e as súas desilusións. Creador de lugares á marxe do social, de lugares sen nomes, recluídos, abandonados, en procura non do "folclore do ghetto? senón da dimensión universal.
O mundo de Koltès é un mundo dos suxeitos e das conciencias, o mundo do simbólico dos intercambios humanos, en termos máis metafísicos que sociolóxicos. Koltés empezou a escribir teatro desde o principio dos anos setenta, dirixindo el mesmo as súas obras en círculos marxinais .Pero é soamente despois da súa morte prematura aos 41 anos que Koltès empezou a ser realmente recoñecido. Hoxe en día volveuse un clásico do repertorio, sendo o autor francés contemporáneo máis representado.
Chamaselle "o Shakespeare dos tempos modernos".
O que sucede, dentro da materia mesma do texto koltesiano visto ao microscopio, é un incesante fenómeno explosivo, de orde poética, mediante o cal a acción progresa, independentemente de toda casualidade. É dentro do agenciamiento dos parlamentos, e das frases e as palabras ao interior dun mesmo parlamento, onde isto queda ao descuberto, fondo e forma non fan máis que un singular de paixóns e de ideas, de pulsións fuxitivas e de grandes temas universais, a partir dos cales se conta unha historia.

http://caballerosaula.blogspot.com/2010/08/la-soledad-en-los-campos-de-algodon.html
http://caballerosaula.blogspot.com/2010/08/en-la-soledad-de-los-campos-de-algodon.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario