Doentes de Vidal Bolaño
Case todo o teatro de Roberto Vidal Bolaño está intimamente relacionado con Santiago de Compostela, a cidade que lle viu nacer en 1950. Doentes supuxo o regreso do autor ao teatro histórico. Nesta obra conta como o réxime franquista decidiu converter o Hostal dos Reis Católicos, que era un hospital, nun hotel, e como os enfermos crónicos quedaron espallados por Compostela.
Franco quería agasallar cunhas instalacións adecuadas aos visitantes estranxeiros, e concretamente ao presidente estadounidense Eisenhower, quen visitaría a cidade pouco despois.
A historia de Vidal Bolaño é desenvolvida por dúas magníficas personaxes que percorren a cidade entre as sete da tarde e as sete da mañá (Recórdese as Luces de bohemia do gran Valle), nunha noite trepidante, chea de sorpresas e verdades inconfesables, chamando ás portas e movendo influencias, nunha Compostela de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres.

No hay comentarios:
Publicar un comentario