Un problema de educación
A maioría das asociacións de mulleres destacan que un problema non é un problema se non se lle chama polo seu nome. É o que pasa en moitos países de América do Sur, que as propias mulleres non saben diferenciar a violencia machista dunha relación normal. “Moitas mulleres non coñecen os seus dereitos e non saben distinguir entre o que está ben ou mal. Aceptan as malleiras dos seus maridos e as violacións porque sendo nenas os seus pais pegáronlles e violáronas, polo tanto, veno normal”, comenta Judith Muñoz, xornalista en Nicaragua. Por iso non é de estrañar que as cifras que organismos oficiais dese país e das ONG dean dos malos tratos non sexan un reflexo fidedigno da realidade. Aínda que en 2009 se rexistraron 11.300 casos de violencia interfamiliar e case 5.000 violacións, son moitos os abusos que non se denuncian nunca. E sen unha denuncia, moitas veces acaban en homicidios. En 2011, recoñeceuse que 76 mulleres morreran a mans das súas parellas, homes que en só seis casos foron condenados.
As propias mulleres non saben diferenciar a violencia machista dunha relación normal
En Bolivia, son moitas as asociacións que loitan por ter máis peso nos organismos da Administración e por educar, xa que do mesmo xeito que en Nicaragua, moitas mulleres ven como algo normal a violencia doméstica. Desde o Centro de Promoción da Muller Gregoria Apaza traballan para mostrarlles aos adolescentes que o respecto e a comprensión son parte dos valores que unha parella debería ter, non así os ciumes, a infidelidade ou a dependencia.
Magalí Chávez, coordinadora do proxecto, asegurou nunha recente visita a Galicia que antes eran elas quen tiñan que chamar á porta dos colexios para presentar o curso de noivado sen violencia, “pero agora son eles os que nos solicitan que traballemos con eles”. “A violencia en Bolivia, do mesmo xeito que en España, non diferencia entre clase social, nivel educativo ou adquisitivo e por iso é máis difícil de visualizar”, conclúe Chávez.
Penalización do aborto
En Brasil, as esperanzas das mulleres están postas na súa presidenta e en Eleonora Menicucci. A nova Secretaria de Políticas da muller empezou o cargo facendo unha cousa que en Occidente se esquece: visibilizando as distintas realidades femininas. Menicucci, antiga guerrillera que compartiu cela coa propia Dilma Rousseff, recoñeceu a súa condición bisexual, nunca tratou de ocultar que a súa filla era lesbiana e falou abertamente dos dous abortos que lle practicaron. Un xesto que nada ten que ver con airear a súa vida privada, senón con darlles voz ás 250.000 mulleres que cada ano teñen que ser atendidas ao intentar abortar de forma clandestina. Porque en Brasil teñen unha lexislación que non se modificou desde os anos corenta do século pasado e que só permite a interrupción voluntaria do embarazo se a vida da nai corre perigo ou se foi vítima de violación. Unhas leis obsoletas que provocan que o aborto sexa a cuarta causa de mortalidade materna no país.
En Brasil teñen unha lexislación que non se modificou desde os anos corenta do século pasado e que só permite a interrupción voluntaria do embarazo se a vida da nai corre perigo ou se foi vítima de violación
Neste sentido, Uruguai constitúe un referente sobre o empoderamento da muller sobre o seu propio corpo. Pese ao veto en 2008 do presidente Tabaré Vázquez e da ministra de Saúde Pública, o Congreso aprobou o pasado mes de decembro unha lei de saúde reprodutiva no que se establece que “toda muller maior de idade ten dereito a decidir a interrupción voluntaria do seu embarazo durante as primeiras 12 semanas do proceso xestacional”. Aínda que está por desenvolver a lei, espérase que a normativa permita dar voz a consideracións emocionais, socio-económicas ou psicolóxicas que antes non estaban contempladas en ningures.
Trata de persoas e prostitución
Un dos alicerces que mantén a ONU para loitar contra a trata de persoas é o axioma de que é imposible separar a prostitución forzosa da voluntaria, xa que senón é pola coacción, hai moitos elementos sociais que obrigan á muller a comercializar co seu corpo. O presidente do Observatorio Latinoamericano de Trata de Persoas, o mexicano Óscar Castro Soto, resume á perfección esta idea: “Pobreza, machismo e corrupción están detrás do tráfico de mulleres e nenas”.
A ONU mantén que é imposible separar a prostitución forzosa da voluntaria, xa que senón é pola coacción, hai moitos elementos sociais que obrigan á muller a comercializar co seu corpo
Aínda que moitos consideren a Arxentina o paradigma de desenvolvemento que os países veciños deberían seguir, o certo é que a crise de hai unha década non só dinamitou a súa economía senón que tamén afectou á situación da muller. Segundo o Observatorio Latinoamericano de Trata de Persoas, nos anos 90 as redes de prostitución consideraban Arxentina e Brasil como países de destino para comercializar co mulleres traídas desde Perú, Colombia. Despois do corralito, Arxentina converteuse nun novo país de orixe destas vítimas que son levadas a España, Holanda ou Xapón para ser explotadas sexualmente.
Outro punto que fai que a lexislación arxentina non estea precisamente á cabeza da defensa das mulleres son as leis respecto da violencia machista. Só grazas á xurisprudencia, en febreiro de 2008 un xuíz admitía os malos tratos como causa de divorcio. Segundo as autoridades estes feitos non se adoitan ter en conta porque ao ocorrer na esfera privada “son moi difíciles de demostrar”. Neste caso, o testemuño do fillo da vítima foi vital para que o tribunal o crese.
O 95 por cento dos abortos fanse en clínicas privadas. O risco de pobreza das mulleres foi do 14 por cento no ano 2011. Só o cinco por cento das mulleres chega á idade de xubilación con 35 anos cotizados. As mulleres cobramos un 23 por cento menos que os homes. Un 77 por cento dos contratos a tempo parcial son de mulleres. O traballo doméstico supón un 27 por cento do PIB. O prezo das garderías aumentou un 20 por cento. Son algúns dos datos que podían lerse nos carteis da manifestación unitaria celebrada o 11 de marzo en Compostela baixo o lema ‘Mulleres en Loita polos nosos dereitos!’.
“Déixame en paz, Rouco Varela, esta é unha mensaxe, de María Magdalena”; “Rebelión, desobediencia, contra a súa violencia” ou “Reforma laboral, ofensiva patriarcal”, foron algunhas das consignas que acompañaron a manifestación desde o inicio do percorrido, na estación de tren. O ambiente de festa e reivindicación mantívose en todo momento, con bailes e cancións como unha versión do ‘Hawaii Bombay’ que denunciaba a intención de Feijoo ou Rajoy de retrotraernos ao pasado, e a de Gallardón de converter o aborto nun inferno. Aínda que se cadra do máis coreado foron lemas xa máis clásicos como “Nós parimos, nós decidimos”.
Os ataques da xerarquía eclesiástica ás mulleres -contestados con frases como “Imos queimar a Conferencia Episcopal, por machista e patriarcal-; os roles tradicionais impostos polo patriarcado -“Sexualidade non é maternidade, parir non é o destino da muller-; os recortes nas políticas básicas do Estado de Benestar -“Na sanidade, na educación, se nos movemos iranos moito mellor” ou “Que fachas son, que fachas son, sérvense da crise para recortar un mogollón”; a violencia machista ou os profundos retrocesos nos dereitos laborais foron algúns dos eixos das protestas.
A Praza da Quintana serviu de punto de encontro tras o percorrido pola cidade. Alí xuntáronse as pancartas -a maioría non asinadas por ningún colectivo en concreto-, con mensaxes como o xenérico “Mulleres en loita polos nosos dereitos”, “a resistencia obreira ten rostro de muller”, “nin eternas coidadoras nin escravas do sistema”, “despenalización do aborto”, “aborto libre e gratuíto”, ou “nin deus, nin amo, nin marianos”. O manifesto unitario, -a manifestación foi parte da campaña unitaria polo 8 de marzo impulsada por Adiante, A Lagoa, Andaina, CIG, CUT, Faraxa, FeminismosCompostela, Marcha Mundial das Mulleres, Nós Mesmas, Rede Feminista Galega, SLG, Somos Dexenerando e STEG-, foi lido, despois, a varias voces.
E reclamou moitas cousas: medidas contra a violencia machista; sanidade pública, universal e gratuíta de calidasde; ensino público, gratuíto, non sexista, laico, de calidade e en galego; prestacións sociais e pensións dignas; equiparación dos dereitos laborais das traballadoras do servizo doméstico cos demais réximes; plena igualdade de dereitos para as persoas migrantes; eliminación das desigualdades no ámbito laboral; aplicación da Lei de titularidade compartida nas explotacións agropecurias; política laboral, agraria, alimentaria, fiscal e social en función das necesidades da cidadanía; servizos sociais públicos de calidade para o coidado de familiares e persoas a cargo; creació de emprego e eliminación da discriminación salarial; medidas que garantan unha vida plena para as persoas con diversidade funcional; dereito a gozar da sexualidade independente da orientación sexual e dereito ao aborto gratuíto na sanidade pública. A lectura do manifesto e os intres previos á mesma coincidiron coa maior concentración de xente na Quintana: mulleres e homes. E aínda despois seguiu a música e a reivindicación con 'Habelas hainas’ e as súas cancións.
http://dioivo.eu/portada/295-rebelion-desobediencia-contra-a-sua-violencia
La adolescencia organiza la sexualidad de muchachas y varones, de conformidad con las nuevas concepciones sociales y culturales. Ya no una sexualidad destinada, de forma prioritaria, a la maternidad y la paternidad, sino a construir la masculinidad y la feminidad en un contexto de experiencias placenteras y gozosas en la relación con los otros.
ResponderEliminarEn la adolescencia, el ejercicio de la sexualidad de chicos y chicas también prepara para la maternidad y la paternidad. Porque en la sociedad contemporánea, el hijo y su concepción no son únicamente el producto de uniones y transformaciones biológicas sino, sobre todo, el efecto de una preparación corporal, psicológica, académica, económica y social, que comenzó en la mujer y en el varón desde el momento de su nacimiento.
No basta ser púber. En el mundo contemporáneo, ya no es posible improvisar la venida de un niño. Ya no se quieren justificaciones para el nacimiento de hijos e hijas no queridos ni esperados. La adolescencia no es el tiempo para la maternidad ni la paternidad sino para su preparación.
Sin embargo, numerosas adolescentes quedan embarazadas y otro tanto número de chicos embarazan a sus amigas o enamoradas. En su infinita mayoría, los embarazos no deseados han llegado a constituir uno de los más graves conflictos sociales de algunos países en desarrollo.
El mundo ha cambiado de manera radical. Y no es posible dar marcha atrás. Mujeres y varones hacen el amor a edades cada vez más tempranas. Y cuanto más precozmente lo hagan, mayor será el riesgo del embarazo. Hacer el amor es ir en busca de esa totalidad que se realiza en la unión entre dos. Una fusión que conduce a ambos a los espacios imaginarios en los que todo es posible. Mutua absorción en un goce presentido, imaginado y vivido sin palabras que puedan explicarlo ni justificarlo. No es para nadie más que para los dos, y permanece como una vivencia única y absolutamente personal.
Pero, a esta experiencia innombrable no se halla exenta de riesgos, que son más complejos cuanta menos edad posee la pareja amorosa. Y el primero y quizás más importante riesgo es el embarazo. De hecho, gran parte de la poca información que se da a la chica en casa y en el colegio respecto a la primera regla está destinada a prevenir el embarazo. La menarquia adquiere sentido familiar y social en la medida en que avisa que una mujer es capaz de quedar embarazada. De ahí que el “cuidarse de los hombres”, como suelen aconsejar las mamás a sus hijas, no significa otra cosa que un acto destinado a prevenir el embarazo prematuro, no deseado y fuera del matrimonio.
Así se expresa una niña de 10 años: “A nosotras nos han dicho en la casa y en la escuela que, una vez que hay el flujo, la mujer tiene que cuidarse, no tener relaciones sexuales porque se puede embarazar”.
En el Ecuador, dos de cada diez chicas que hacen el amor iniciaron sus experiencias entre los 12 y 14 años. Según los adolescentes, casi siete de cada diez mujeres adolescentes hacen el amor. Y prácticamente todos, varones y mujeres adolescentes, conocen casos de chicas de su entorno que han quedado embarazadas.
Algunas terminan siendo mamás, mientras otras recurren al aborto como la alternativa para solucionar un problema personal y social para el que no encuentran otra salida posible. En los sectores populares y marginales, ocho de cada diez chicas embarazadas tienen el bebé. Las dos restantes acuden al aborto. En cambio, en los estratos sociales medios altos y altos, el número de chicas que recurren al aborto es mayor porque en estos grupos la maternidad adolescente es muy mal tolerada.