Caballeros 1

martes, 24 de mayo de 2011

Mañan na biblio Pere Tobaruela

Despois de ler Na cerna da selva coñecermos a seu autor, xa vimos que Na cerna da selva é a historia do encontro entre dúas civilizacións, a moderna Europa fronte á descoñecida África dos pigmeos, nunha redentora procura na que o protagonista descobre cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivencias límite que lle cambiarán a súa maneira de afrontar a vida.
Nesta novela, o seu autor, Pere Tobaruela, combina a conradiana busca dun personaxe fascinante apegado ás raíces dun mundo primitivo —cheo de segredos ancestrais, lendas e coñecementos máxicos— coa desesperada fuxida das mans duns asasinos brutais e abxectos. Faino cunha prosa elegante que contén reflexión, suspense, aventura, aprendizaxe e misterio.
A letura é, sobre todo,unha reflexión sobre Africa que nos conduce a reparar nos nosos prexuicios sobre moitos temas.
Hai moitas cousas que ignoramos sobre África. Decotío, cando falamos deste continente, xeneralizamos. ¡Pois facer tabula rasa é sinónimo de ignorancia! Una infidelidade nunha parte ou outra de África pode ter leturas mui diferentes. En África Oriental pódese dar o caso que o meniño nado da relación adúltera sexa exposto ao paso dun rabaño, e morra. En África Occidental a infidelidade pódese resolver cun pacto entre as familias implicadas, sinxelamente.
Así explican en algunhas partes de Africa a existencia da homes de distinta cor:
Cando estiven na desembocadura do río Congo contáronme unha historia sobre a orixe dos brancos e os negros. Fíxome graza. Resulta que hai moito tempo, Maniputa tivo dous fillos: Manicongo e mais Zonga. Cando estes eran uns rapazolos, unha mañá Maniputa díxolles que, despois de oír cantar o galo, fosen bañarse no lago que había preto da aldea. Zonga foi o primeiro en chegar e observou todo asombrado que a medida que camiñaba polo interior do lago a súa pel mudaba de cor: volvíase branca. Chegou Manicongo e meteuse na auga, pero non se volveu branco. Daquela os dous irmáns regresaron á aldea para falar co seu pai. Maniputa agardaba por eles no chimbek, que quere dicir cabana —puntualizou Fran Lamas e seguiu co relato—. Maniputa colleu uns cantos obxectos e espallounos polo chan mentres lles dicía aos seus fillos que escollesen os que máis lles gustasen. Zonga escolleu papel, plumas, uns anteollos, un fusil e pólvora. Manicongo, brazaletes de cobre, cimitarras de ferro, arcos e frechas. Unha vez feita a elección, os irmáns non puideron continuar vivindo xuntos onde estaban, no interior de África, e seu pai decidiu separalos

No hay comentarios:

Publicar un comentario