21 mai, 2015 (http://covaceltica.blogspot.com.es/2015/05/o-galego-nos-nosos-barrios.html)
O Galego Nos Nosos Barrios:
O uso do galego:
Fixemos enquisas a 30 persoas de cada barrio, Os Rosales e Os Mallos. Facendo unha mextura de idades e sexos para ter un mellor resultado e máis concreto. As preguntas feitas en ambos barrios foron as mesmas:
-Que idade tes?
-Que idiomas falas?
-Te parece que no barrio se fala bastante galego? Que che parece o uso do galego?
-Que farías para mellorar o uso do galego?
E estes foron os resultados:
Nos Mallos hai unha amplia mestura de xente de todas as idades, o idioma que predomina é o castelán, o uso de galego lles parece escaso e para melloralo cren que facendo talleres ou actividades en galego iría ampliandose o seu uso.
Nos Rosales hai máis xente pequena-xoven, o idioma que se fala é o galego que predomina cara o castelán, o uso de galego lles parece que no barrio e bastante pero que la cidade deberíase falar máis e para melloralo deberian facer actividades e talleres, no que coinciden coa resposta da xente do outro barrio.
Toponimia dos barrios:
Toponimia de ‘Os mallos’: o mallo é unha formación xeolóxica, ven da palabra latina “malleus” que significa mazo, que é a forma que proporciona o barrio.
Ronda de Outeiro: é unha zona importante do barrio o orixe do seu nombre ven da palabra latina “altariu” que significa unha pequena elevación do terreo, unha colina; que é a forma que ten esta zona.
A toponimia de ‘Os Rosales’: a forma do barrio é un rosal e ata agora criamos que ese era o porque e o orixe do nome pero tras informarnos en varias páxinas do internet e blogs, o nome do barrio prodece de ‘rosais’ que no galego antigo queria decir monte rozado, iso e a abundancia de rosais na zona lle deu o nome ao barrio.
Traballo feito por: Sarai, Javier e Andrea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario