Caballeros 1

martes, 5 de abril de 2011

Pelos na lingua

Hoxe, estivemos no Forum vendo ao grupo de teatro Talia teatro en Pelos na língua. A obra é a continuación da exitosa Bicos con lingua . Ambas son espectáculos que nacen co desexo de facer reflexionar sobre o emprego do galego na nosa sociedade . Preocupados polo decrecimento no número de falantes nos rapaces novos, queren que o espectador redescubra a lingua e reflexione en torno dela. Os actores (María Ordóñez, Toño Casais e Artur Trillo). desenvolven un espectáculo de gran axilidade, con un amplio número de sketch, dinámico e fresco . Din, e non entendo moi ben porque, que vai dirixido a maiores de 13 anos. Si non a vichedes, O mes que ven estara no teatro Colón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario