Caballeros 1
martes, 5 de abril de 2011
O faladoiro do club de lectura; Rubén Ruibal.
Onte tivemos a fortuna de contar na Biblioteca do Wirtz coa presenza de Rubén Ruibal. Atopamos o que esperábamos e ainda máis; un conversador cercano que achegounos ao seu proceso de creación cun discurso ameno, cheo de humor e ironía . Ruibal, que actualmente é, ademáis de todo o dito neste mes e medio de traballo, o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña. Acercounos a un oficio cheo de pasión, de vida, de dignadade, de valentía, todo un privilexio para nos, seus lectores. Rubén agasallounos, ademáis, ca que confesa ser súa obra predilecta ¿Onde andas Karl? Un disparate cómico circense no que atopamos ,na branca pista circular do máxico cementerio de Highate, una grea de tolleitos dirixidos por Herbert Spencer. A nosa fotógrafa Fátima, estivo onte tan sumerxida nas verbas de Ruibal que non deixou memoría gráfica do encontró. A espera das fotos do Dire e de nosa Cris Asensio ,ilustro coa magnifica caricatura de Franco Huanca. Moitas grazas a Rubén e a todos os que participáchedes nesta experiencia lectora; Mario, Lois, Fernanda, Xose Manuel Cundins, Mercedes Ousinde…
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
¡¡Gracias a vós! Bicasos.
ResponderEliminarQue sorte! Un luxo de visita. Parabéns :)
ResponderEliminar