Despois de máis dun mes movéndonos polo universo de Limpeza de sangue non temos dúbidas dos motivos que converten a este texto nun dos máis premiados (non teño datos para afirmar que o máis) do século XXI. O texto de Rubén fanos crer como letores/ espectadores que estamos ante un drama real . Alí están, vivos, Pantaleón , Fernando, Mucha, Alicia, Don Luís, o visitador, Pibú… É o Einfühlung o feeling, ese proceso do que nos falaba Cundins , mediante o cal nos identificamos cos heroes ou heroínas, metémonos nos seus zapatos e sentimos, ou cremos sentir, o que o personaxe da obra sente.
En Limpeza atopamos unidade de sentimento, empatía. Inmersos na emoción , levados pola forza do diálogo e as situacions, apenas notamos como o autor nos manipula na nosa emocionalidade, nos solidariza ,facendonos sentir mágoa por uns persoaxes moralmente reprobables, victimas pero tamen verdugos.
Desamparados sufrimos a tortura de Fernando, o espanto da morte de Pibú, a humillación degradante de Pantaleón, a dureza de Mucha…
No hay comentarios:
Publicar un comentario