Onte tivemos o privilexio de ter con nos a Xosé Manuel Cundins.
Cundins falounos do que lle pedíramos; do teatro como elemento pedagóxico moi eficaz no análise de conductas sociais,como medio para incentivar a reflexión e o debate ,Presentounos o teatro como un estupendo instrumento para potenciar as capacidades empáticas e reforzar as actitudes solidarias.
Pero Cundins sempre fala de moito máis Abriunos unha fiestra á sociedade galega, rural nos anos setenta nos que xa, rematada a súa andaina universitaria en
Salamanca,volta a Loroño ,onde cun grupo de rapaces de Castro e de Loroño crea unha institución chamada Calor Hermandad Deportiva. Ao comenzo foi o fútbol, en torno a el foron creando unha unión na que moitos mozos daquela época descubriron o valor da solidariedade e a colaboración.
Cundins viña de participar en movementos estudantís obreiros e ao chegar ao rural ve que os novos da zona demandaban alternativas para a diversión. Como resposta, a leira de patacas do cura transfórmase en campo de futbol ( A Cundins costoulle a reprobación do Arcebispado e das autoridades), a corte que ocupaba a pranta baixa de retoria converteuse en sede social e alí desenvolvéronse novos proxectos ; o teleclube, o grupo de teatro, etc...
Os Teleclubs de Cundins, principalmente o de Loroño (Zas), chegou a ser un
dos "Teleclubs Piloto" da provincia da Coruña: Desde alí promocionou a biblioteca, a lectura para novos e maiores, a T.V., os deportes de mesa e outros. Especialmente déronlle un pulo enorme ao TEATRO. Naquel centro social represntaron, con nenos e nenas, rapazas e mozos de toda a redonda e coa colaboración de xente maior, OS VELLOS NON
BEBEN DE NAMORARSE, de Castelao, fixeron un Recital da poesía de Labarta Pose , o poeta de Baio, e - incluso, con
autorización...- da " prohibidídisima" A REVOLTA de Xenaro Mariñas del Valle. Varios sainetes e pezas curtas de "Xente que vai pra feira" íanse representando tamén
con calquera ocasión.
Tocounos o timbre, antes de ter tempo a facer todas as preguntas preparadas, e ,Cundins, tal solo quentará a voz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario