Caballeros 1

Mostrando entradas con la etiqueta Cristina Ferreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cristina Ferreiro. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de octubre de 2011

Cristina Ferreiro.

Publicada por Bubela e da man de Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño chega esta antoloxía, na que, ademais destes dous autores, participan Carlos Arias, Xesús Alfonso Parada, Mariña Pérez Rei, Xesús Manuel Valcárcel e Cristina Ferreiro.

Dororothy tampouco estaba alí: teoría da casa, elaborado a partir de varias publicacións que tiveran lugar neste blogue entre 2009 e 2010.
(VII)
-Paseando cheguei a unha zapatería onírica.

-Eu estiven sempre aquí.

-Os zapatos, creo, teñen moito que ver cos soños.

-Si...ou coa liña.

-Queres dicir coa ficción?

-Algo así.

-Dorothy tampouco estaba alí.

-Na zapatería?

-Na liña tampouco.

-Dá igual. TI SIGUE O CAMIÑO DE BALDOSAS AMARELAS.
As rúas son domingo e levamos a insignia da estática prendida das costas.
Setembro armado de anestesia
e nen sequera chove nos anos anteriores.
(U-lo frío do escenario ausente,
a metáfora calada,
os invernais ventres de leña?)

As rúas son datas para os incendios, citas de libros,
texturas maltratadas, figuras inconexas.

Setembro armado de anestesia
e nen sequera chove
nos armarios.