Mary Wollstonecraft (1759-1797) a inglesa que desembarcóu nesa Revolución, abriu unha veta importante deixándose ouvir ca sua obra “Vindicación de los derechos de la mujer”(1792).
- A Declaración de Seneca Falls (New York) , aprobada o 19 de xulio de 1848, e que podemos aventurar que se trata dun documento onde se expresa por primeira vez o que podería denominarse unha "filosofía feminista da historia".
- O Women´s Day que as socialistas nortermericanas levaban celebrando dende 1908 e onde reinvidicaban o dereito ó voto pras mulleres.
- A folga de 1910 das costureiras da fábrica Triangle Shirtwaist que protestaban polos baixos salarios, a xornada de 12 horas e as insoportables condiciós do traballo. Por certo, que moitas delas morrerían calcinadas, un ano despóis, na misma fábrica, por un incendio nunca clarificado.
- Ese mismo ano celebrouse en Copenhague a Conferencia Internacional de Mujeres Socialistas, e aprobouse a proposta da alemá Clara Zetkin de crear o Día Internacional da Muller , como unha xornada de loita polos dereitos das mulleres. A proposta foi aprobada unánimemente por la conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países.
Así chegamos á primeira celebración do Día Internacional da Muller que se produciu o 19 de marzo de 1911, e foi seguida en Austria, Alemania, Dinamarca e Suecia.
Nos primeiros anos, o Día Internacional da Muller festexábase en datas diferentes según os países, pero en 1914, a proposta das xermanas, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 8 de marzo en Alemaña, Suecia e Rusia. Non se sabe a ciencia certa o porqué da elección dese día concreto, aparte de que caía en domingo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario