Caballeros 1

viernes, 25 de abril de 2014

Encontro con Marité Prieto.

A filla dos de Pérez, seica sacóu matrículas en case todo.
Ah! e mira a neta dos de Máquez, dísque lle van dar unha beca, polo listíña que é.
Por certo: a rapaza dos González, nunca ven tan despeináda coma ti, trae as trenciñas coma se lle ...las acabaran de facer.
Ti non ves? que non eres capaz de ir a misa a hora?, e sentarte como Deus manda coas rapazas da túa idade?
Que odiosas comparacións....
A filla dos Pérez, acabóu roubando no banco Sabadell, onde entróu a traballar. As cartillas dos de Alemania, eran un lío...bárbaro.
A neta dos de Máquez, botóuse a mala vida, despois de se separar dun matrimonio aparentemente feliz. El era un Notario de moi boa familia. Ela gasta a pasta que lle correspondéu de sofrimento en desfrutar dos homes dos que gosta, sen importar nacionalidade nin idade. Os González, din que non saben nada dela dende hai moito...
O cura, que dicía misa cando era nena, está casado, e vive en Carballíño con unha muller que era catequista. Teñen un bar, é el prepara unha carne asada que é gloria bendíta. Ela non.
Eu, sego na mesma liña...
Sempre fun asi.
As farolas, acaban collendo ferrúxe cos anos, e xa non sabes cal foi colocada no muro de pirmeira.
Ver más

No hay comentarios:

Publicar un comentario