Caballeros 1

sábado, 15 de diciembre de 2012

Para comentario crítico

O artigo publícase no diario Praza Publica; http://xeiramareira.tumblr.com/
UN RECANTO SOUS LE CIEL DE PARÍS
Cando a teoría dos xéneros produce reaccions en Francia.
De Lucía ou de Pablo?” é a mensaxe que recollen os carteis da campaña que promove a Concellería de igualdade do Concello de Vigo para este Nadal favorecendo o uso non sexista dos xogos e mais dos xoguetes. Unha pequena mensaxe que serve a xeito de recordatorio e que é unha mostra do moito que queda por facer neste aspecto.
E máis do que pensabamos quizais pois, nestes días, lendo a prensa francesa, atopei unha nova que chama a atención pero que non é senón a continuación dunha polémica xerada no 2.011 coa inclusión da teoría do xénero nos programas de estudos dos institutos franceses. A nova, recollía que dous deputados da UMP (o partido da dereita que vén de saír recentemente do goberno) piden que se abra unha investigación sobre a Teoría do xénero ao considerar que “as consecuencias que a teoría do xénero implica representan unha transformación tal do noso contrato social que os franceses teñen dereito a estar informados”.
As declaracións en si mesmas non teñen desperdicio e soan a satanización diso que se denomina teoría do xénero; agora ben, en que consiste esa cousa tan mala aparentemente, para a sociedade?
A base desta teoría (aínda que máis axeitado sería falarmos de teorías, en plural) está en Simone de Beauvoir no ano 1.930 cando di aquilo que, logo será o lema do feminismo internacional ao longo do século XX, “non se nace muller, faíse” e que recoñecerá O segundo sexo como a obra fundadora dos estudos de xénero extendéndose hoxe até Judith Butler. De modo resumido, a categoría de xénero vai distinguir entre o sexo biolóxico e o sexo social poñendo o acento sobre o carácter cultural e historicamente construído dos modelos de comportamento sexuados mostrando que para cada sexo danse uns valores que ademais de opostos aparecen como xerarquizados (sendo sempre os valores masculinos os considerados superiores e positivos). Así, coa teoría do xénero, as diferenzas xa non son só entre homes e mulleres senón que ademais, deixan de ser consideradas dúas categorías homoxéneas e marcadamente distintas.
A importancia da presenza desta teoría na materia de ciencias da vida e da terra nos plans de estudos do alumnado dos liceos franceses é obvia xa que supón cuestionar certos símbolos identitarios que están profundamente arraigados na nosa sociedade; serve como un modo para evitar o sexismo, de mellorar as relacións sociais na escola, para superar certos estereotipos vehiculados pola sociedade ou polos medios de comunicación… nunha sociedade, a francesa, que como a nosa, ten unha conta pendente coa violencia de xénero, co acoso, coa homofobia ou cos estereotipos de sexo transmitidos socialmente.
Os ataques a esta teoría proceden da dereita católica e conservadora francesa (pero que vén a ser a mesma que a nosa) e deron comezo coa queixa producida tras a introdución da mesma nos manuais de SVT sciencies de la vie et de la terre. Mais a cousa non queda aí, pois estes mesmos que denuncian a presenza da teoría do xénero nos institutos, escandalízanse ante a experiencia levada a cabo nunha gardería de Saint- Ouen (barrio das aforas parisinas) onde se anima ás nenas a xogar cos martelos e aos nenos a expresar as súas emocións nos atelier de emocións.
É unha magoa que a igualdade de sexos entre facendo tanto ruído nas escolas. Iso é un mal síntoma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario