UNHA MULLER E UN HOME NO CAMIÑO
Exterior, día. Nun camiño, no campo, unha muller entra pola esquerda e un home, pola dereita. Crúzanse.
—Bon día.
—Bon día.
Pasan, dubidan, detéñense. Ela ofrece un sorriso.
—Queres un pouco de auga?
—Umm.
—Bonito día.
—Ahá. Precioso.
—Onde vas?
—Non, eu veño...
—E de onde vés?
—Veño dun país no que nunca estiven.
—Como?
—É difícil de explicar... Deixo atrás un país no que nunca vivín. Abandono un país que nunca pisei.
—Aaaah...
—...
—E non o estrañas?
—Non, porque non cheguei a coñecelo.
—Claro. E levas moito tempo camiñando?
—Uf, no sei moi ben, depende. Ás veces parece que levo séculos; outras semella que acabo de pórme a andar. E ti de onde vés?
—Eu volvo.
—Volves?
—Si, regreso á terra que nunca deixei.
—Vaia... E fáltache moito para chegar?
—Nada, xa estou.
—Claro.
—E a ti?
—A min, que?
—Canto camiño che falta?
—(Encolle os ombros).
—Claro, ti marchas dun país no que nunca estiveches.
—Claro, non o coñezo...
—Teño aquí algo de xantar, queres?
—Umm.
—E como é iso de volver ao país no que xa estás?
—É como velo todo por vez primeira. Mira aquela montaña, é como se acabase de descubrila, como se nunca a vise antes, como se regresase dunha viaxe moi moi longa e iso que eu vivo aquí desde sempre. A miña emoción é inmensa, como se estivese descubrindo algo inesperado e, con todo, estou volvendo á miña casa. Este é o meu país, nunca lle dixen adeus, nunca marchei en barco polo mar adiante. Sempre vivín aquí. E agora regreso.
—Eu, como abandono un país no que nunca estiven, non teño moitas cousas que contar.
—...
—...
—En fin...
—Ummm (Suspiro).
—Ummm, veña, adeus e moita sorte.
—Veña logo, sorte.
Danse un beixo e vanse

Eu sei falar galego non sei escribirlo moi ben pero sei falarlo , amin me da igual falarlo o non,
ResponderEliminarpero prefiro falar Castelan ya que estoy más acostumada a falarlo con todos os meus amigos. So sei que é unha lingua moi bonita e que deveria falarse mais .
itzy (:
A miña oponión sobre o galego é a seginte, ami persoalmente non me interesa esta lingua, solo a falo na miña aldea xa que ali a persoas maiores non entenden o castelán e eu creo que non teño ningun tipo de relación con esta lingua.
ResponderEliminarpues mi relacion con el gallego es muy mal por que no lo se hablar y tampoco me gusta y tampoco me da por aprender pero si todo A Coruña hablaran en gallego y no entendieran mi idioma ( español ) tendria que aprenderlo... luis lopez
ResponderEliminarMi relación con el gallego es mui poca,aunque sepa hablar gallego de sobra.No me gusta hablarlo por queda mui sucio comparado con el castellano.
ResponderEliminarAarón
Yo prefiero el castellano porque es la lengua natal y porque la llevo hablando toda la vida, ademas el gallego es mas dificil hablarlo y escribirlo.
ResponderEliminarLuciano Gallo.
A min falar galego dame igual o sei falar e escribir ben pero non e unha lingua que me chame a atencion asi que non a falo case nunca so con mis avos.
ResponderEliminarAlex Nieto
A min dame igual falalo ou non, o que pasa e que a malloria das persoas do meu entorno fala en castelán ou non entende o galego, por iso eme mais comodo falar en castelán. [Xabier Ng Maceira]
ResponderEliminarMi relacion con el gallago es poca ya que se escribirlo bien, pero lo ablo muy poco estoy muy acostumbrado hablar castellano.
ResponderEliminarALBERT.
O galego supoñeu na miña vida a integracion en galiza e comunicarme cos meus compañeiros do colexio e os meus amigos.
ResponderEliminarSerxio Silva Martinez