
Non perdades na biblioteca o seguinte libro de Olga;Atmósferas (Dedicatoria; Para o alumnado do Fernando Wirtz Suárez, desde estas Atmósferas no desexo de que atopedes na lectura esa porta máxica que vos transporte aos lugares máis insospeitados . Con agarimo)
Ademáis do fermosísimo poema que recita Olga no enlace, atopamos no libro belezas como esta.
Aquel home
pedido na cidade
sen destino aparente
levaba tempo incubando o medo
tiña un vagar descoidado,
unha sede incerta nos seus ollos
e no puño un fato de lucernas.
El descoñecía que naquela cidade
as nubes alimentan
unha humanidade que deambula
con obscenidade polas batallas que asfixian.
A cidade enguliuno.
Podo perderme
nos lugares máis insospeitados,
lugares onde nunca estiven
e sen embargo coñezo.
o eterno retorno está alí,
sen medo aos arrogantes furacáns,
é o leito-terra abríndose paso á luz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario