Caballeros 1

martes, 2 de agosto de 2011

In vino veritas.

O martes ás sete Francisco Castro presenta na Feira do Libro da Coruña a sua nova novela, nela aborda o xénero policial en clave de parodia. A obra ten condición ética, un dos elementos máis destacados é á crítica que se fai a unha sociedade entretida e dominada polo telelixo, o que o autor chama  prensa porca

A novela desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os ocultos círculos do sadomasoquismo. O detective Xulio Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, na que os medios de comunicación e os intereses empresariais se mesturan cos baixos instintos.


Xulio Míguez, detective sen vocación, recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido nos ambientes do sadomasoquismo máis tétrico. Ao tempo que se desenvolve a intriga principal, a novela pescuda nos límites da convención social, eses que hai tempo que traspasaron as televisións, a clase política e a hipocrisía global.


Una fabulosa crítica de la novela AQUÍ .

Dous fragmentos da novela. Corresponden ás primeiras páxinas, cando Xulio Míguez, o detective protagonista, vai pasar a noite do venres vendo o programa de telelixo no que traballa a súa amiga, da que está profundamente namorado dende hai anos, Marta Ruíz. Para el é unha cómoda rutina: abrir un bo viño, quitarlle o son á tele, e observar á súa amada AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario