Caballeros 1

jueves, 21 de julio de 2011

PCPI

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioC3F1-150711-4459_gl.html

ANEXO I
Módulos formativos de carácter xeral

Obxectivos xerais:

● Desenvolver o hábito de lectura como fonte de información, formación e pracer.

● Comprender e producir textos en formato variado dos ámbitos persoal, social, cultural e profesional, con vocabulario apropiado para a finalidade pretendida.

● Desenvolver a observación e o espírito crítico.

● Desenvolver a competencia matemática e dixital que lle facilite desempeñar o seu papel na vida persoal e no mundo social e laboral.

● Desenvolver a capacidade para identificar problemas, contrastar información, avanzar hipóteses e aplicar técnicas adecuadas para a súa resolución.

● Desenvolver actitudes democráticas que permitan a participación nunha sociedade plural e diversa, tendo presentes os dereitos e os deberes compartidos, e o respecto polas diferenzas.

● Desenvolver a autoestima, o afán de superación e a capacidade de adaptación a novos retos, de acordo cos intereses e coas aptitudes persoais.

● Desenvolver hábitos e habilidades que faciliten o acceso ao contorno laboral e o adecuado progreso.

1. Competencia comunicativa e dixital I.

1.1. Obxectivos:

● Comprender textos orais e escritos variados de índole social, cultural e profesional, e de progresiva dificultade, nas linguas galega e castelá.

● Comprender instrucións orais e escritas a través de linguaxes variadas.

● Expresar oralmente e por escrito textos variados de temática social, cultural e profesional, nas linguas galega e castelá, con coherencia, con corrección lingüística e con adecuación ás situacións e aos contextos.

● Facer da lectura unha fonte de pracer, de información, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.

● Coñecer a diversidade de usos das linguas para evitar estereotipos lingüísticos que resulten discriminatorios.

● Procurar e seleccionar recursos en fontes e medios diversos para realizar e completar producións propias.

● Recoñecer a relación entre tipo de texto e intencionalidade comunicativa.

● Planificar e executar proxectos de progresiva dificultade recorrendo ás fontes impresas e dixitais, así como elaborar presentacións claras, correctas e coherentes dos resultados, a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

● Coñecer as posibilidades de información na internet e a necesidade dunha postura crítica e responsable ante esta rede.

1.2. Contidos:

● Coñecemento das estruturas lingüísticas básicas, adecuadas á finalidade pretendida, que permitan unha comunicación correcta e coherente.

● Lectura comprensiva de textos en soportes variados. Determinación da idea principal e das ideas secundarias. Intención comunicativa.

● Comprensión de linguaxes non verbais, icónicas e gráficas, ilustracións, etc.

● Comprensión de textos orais en situacións de relacións sociais da vida cotiá e no ámbito laboral.

● Formulación de hipóteses sobre o contido e a intención de textos orais e escritos.

● Comprensión e elaboración de textos específicos relacionados co mundo social e laboral (guías, correspondencia, cuestionarios, instrucións, currículos, informes, resumos, etc.), respectando as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas, e cun rexistro adecuado a cada situación.

● Utilización de gráficos, resumos, imaxes e outros complementos non verbais.

● Elaboración de pequenos proxectos, tendo presente a planificación, a execución e a exposición.

● Utilización da tecnoloxía da información e da comunicación como ferramenta básica para a elaboración de textos, para a procura de información complementaria e para a comunicación, manexando os elementos fundamentais dun procesador de textos.

● Valoración do traballo compartido e da creación de redes de información e coñecemento.

1.3. Criterios de avaliación:

● Comprender textos orais e escritos mediante a identificación da información e o recoñecemento das ideas máis salientables e da intencionalidade.

● Expresar de xeito claro, ordenado e correcto, textos orais e escritos que resuman a información oída ou lida.

● Usar a lectura, con progresiva autonomía, como fonte de información e de formación, recorrendo a manuais, dicionarios, folletos, internet, etc.

● Relacionar informacións de medios diversos sobre un mesmo tema, con capacidade para contrastar a información e tomar decisións.

● Aplicar as ideas e os coñecementos adquiridos a tarefas concretas.

● Expresar de xeito oral e escrito textos con intención de informar, solicitar e reclamar, con formato e rexistro adecuados.

● Elaborar pequenos proxectos cos pasos precisos de planificación, execución e avaliación.

● Elaborar documentos con recursos informáticos empregando imaxes, gráficos e complementos precisos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario