Con motivo da celebración das Letras Galegas, os alumnos e alumnas de teatro do Ies Fernando Wirtz Suárez, fixeron a primeira posta en escena da obra Táboa Rasa. A peza teatral está escrita polo Carlos Freire, quen tamén é o director da obra.
A obra é unha é unha farsa crítica. O seu argumento ten que ver coas manipulacións que se fan na concesión dun premio literario a un escritor non moi axeitado pero moi coñecido.
A presentación transcorre coa aparición dos personaxes que son achegados do escritor e aos que este intenta gañar como sexa. Ao final consegue o premio pero os seus compañeiros non están moi de acordo e poñerán as cousas no seu lugar.
Hoxe representara a obra no Forum Metropolitano o grupo Trotaconvento Teatro. Grupo tamen dirixido por Carlos



No hay comentarios:
Publicar un comentario