Caballeros 1

miércoles, 4 de mayo de 2011

Singala pode aumentar o anecdotario.



Onte, no Wirtz tivemos a honra de recibir a Manuel Núñez Singala quen nos mostrou súa coñecida exposición en torno aos prexuicios sobre as linguas. O seguinte post recollido no blog atrenza.blogaliza.org , ofrecenos un elemento máis para contribuir as exemplificacions propostas por Singala.
Caso verídico: praza de Pontevedra na cidade da Coruña, home novo que ve caer un cativo duns tres anos; o pequeno chora, o home achégase a tranquilizalo: e logo mancácheste? Veña home, que non che pasou nada, soamente unhas rabuñaduras pequechas... Nisto que aparece a nai e agradece as atencións ante o cal é contestada: non lle pasou nadiña, coido que simplemente se veu tirado no chan sen a súa nai. E esta muller que se dirixe ó fillo para dicirlle: fíjate, Carlitos, qué gracia, este chico habla como los Teletubbies.

A anécdota permite tirarmos conclusións valiosas: a primeira, en contra da doutrina Feijoo, os cativos de pre-escolar deben expoñerse á lingua galega para así poderen comprender os debuxos animados; segunda, que algunhas linguas, máis que para o mundo real, demostran valor no imaxinario; terceira, que a algúns castelánfalantes monolingües, o idioma galego resúltalles incluso simpático; e cuarta, que os galegofalantes xa temos disfrace para o próximo Entroido: todos de teletubbies!

No hay comentarios:

Publicar un comentario