Carlos Maside, figura central do grupo renovador denominado Os Novos que incorporaron a pintura galega á modernidade europea, pintou unha serie de paisaxes urbanas de Noia entre os anos 1934 e 37, nos que estivo destinado no seu Instituto como profesor de Debuxo.
A máis entrañable destas pinturas para os noieses, polo que ten de espazo desgraciadamente irrecuperable e de atmosfera irremediablemente perdida, é o cadro centrado pola emblemática fonte de A Fanequeira que preside a praza do mesmo nome, cunha figura feminina de costas en primeiro plano, portando, como unha cariátide clásica, unha sella na cabeza, outra á súa esquerda abaixándose para limpar un barreño e unha terceira, tralo pío da auga, cun mulido na testa, recortándose sobre o incomparable marco das casas cos seus balcóns nos que está a roupa branca tendida que serve para introducir unha nota realista que dá un carácter popular e humanizado á escena.
Casas construídas por unha serie de planos silueteados por grosos trazos que van fragmentando regularmente a superficie pictórica, semellando un ledo e luminoso mosaico de color, como vibrante combinación de planos que serven de fondo ás mulleres que se achegan á fonte, persoas anónimas da vila desempeñando os seus labores cotiás, sen preocupación por parte do autor de calquera intención psicolóxica ou narrativa, como se só lle interesase captar o traballo silencioso e tranquilo da humilde vida das xentes galegas. Son mulleres do pobo, costureiras ou peixeiras, pero sen interesarlle a súa historia particular, apenas a súa categoría social, quizais hai unha certa intención simbólica.
É como se as mulleres encarnasen o espírito de Galicia, mais simbolizada esta non como etnia, senón como historia viva, como sociedade á que a emigración baleira de homes, quedando a muller como prototipo do pobo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario