O fenómeno do contrabando no Baixo Miño e norte de Portugal nunha Galicia oscura e miserenta do século XIX é o eixo central desta historia gráfica que foi ideada, nun primer momento, para ser levada ao cinema . Desa intencianalidade deriva o seu estilo cinematográfico ; viñetas que semellan fotogramas, saltos temporais, variedade de narradores, un diario de abordo cun gran número de metáforas visuais.
O transfondo social dá sentido a O burato do Inferno desde a primeira páxina o fillo do pirata quere facer xustiza e revelar unha verdade oculta, o contrabando a pequena escala e socialmente admitido.
O burato do inferno non é a primeira obra de Xosé Manuel Trigo e Ramón Trigo, o pasado ano quedaron finalistas no Premio Castelao de 'Viñetas desde ou Atlántico' coa súa obra 'Kartoffel', unha historia aínda non publicada sobre o contrabando de wolframio e o paso de submarinos nazis pola costa galega durante a II Guerra Mundial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario