Verbas e expresión de uso no Morrazo recollidos no dicionario morrasense-jodechincho;Sirvan de entrante:
Jodechinchos: tokjuevos que invaden os areais do Morrazo mairoritariamente no veran, ainda que aljun ten a sua "2ª" residencia intentando camuflarse na zona. procedentes do outro lado da ria en jran parte
Javota/javiota: Pásaro jrande que che rouba o bocata e come dos cubos da basura
Muxo: Un muxo é un peixe que non ten ninjunha utilidá máis que a de comer merda e que os jodechinchos o miren e dijan "mira que pehcaos tan grandes hai en el agua, seguro que ehtán muy buenos
Asidés: sirve pa medir o bo que está o viño. Canta maior é a asides, peor está o viño ou débese que ao bebedor ten falta de hábito pa os viños da terra. Nese caso é negativo pa o bebedor, ou ao revés.
Amarghor: propiedade dos viños que non son do país. Para auténtico un paladar furancheiro, o amarghor do viño indica que é para pijos e jodechinchos
Avancar - saltar un muro ou calquera cousa con entidade.
Arcalipto/ Alcolítros: esas árobores que temos moito nos montes e cheiran bastante. Unha palabra moi utilizada sobre todo polas avóas
O arradio é un invento para escuitar os partidos do Selta ou do Cruseiro do Hío os dominjos pola tarde
Eche bo nejosio!!!! :Frase ironica para unha idea mala
Máis
Ca misma intención, pero referido a lingua de seu que falan en Ribeira, a seguinte ligazón
http://noticiasdorneiras.blogspot.com/2009/11/dissionario-de-vocablos-perdidos.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario