Caballeros 1

sábado, 26 de junio de 2010

Verbos


Nada máis entrar,

incluso antes de calquera porta, había unha intención enorme de quererte.
Había manchas de humidade que eu mesma
levei a enmarcar ó mesmo inferno
e penso que por iso agora
teño unha relación parecida cos recordos e cos museos.
Había xente que estivera antes
e eu era a encargada de esquivalos polo pasillo
e de buscar incansable as súas biografías na túa cama.
Non había luz.
As ventás estaban mal pensadas.
Servían para outras cousas…
E a pesar dos choros, eu timbraba.
Timbraba para ver se baixabas
pero sobre todo timbraba
para ver se eu subía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario